OPE,s

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2019 XUNTA DE GALICIA.- No DOG do 5 de abril de 2019 publícase o Decreto 33/2019, do 28 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.


OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2018 PARLAMENTO DE GALICIA.- No DOG do 1 de abril de 2019 publícase o Acordo do 20 de marzo de 2019 polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2018.



OFERTA DE EMPREGO PUBLICO 2018.- No DOG do 17 de decembro de 2018 publícase o Decreto 160/2018, do 13 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.



BORRADOR OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2018.- Temos disponible para consulta e alegacións o Borrador do Decreto da OPE 2018 da Xunta de Galicia.



OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2017.- No DOG do 12 de decembro de 2017 publícase o Decreto 124/2017, do 30 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.



OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2017.- A Dirección Xeral da Función Púbica remitiu ás organizacións sindicais un borrador do Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público 2017  correspondente ao persoal funcionario e laboral da Administración Xeral da Comunidade Autóma, para presentarlle as alegacións que consideremos oportunas.



PARLAMENTO DE GALCIA.- No DOG do 26 de xullo de 2017 o Parlamento de Galicia publica o Acordo do 4 de xullo de 2017, da Mesa do Parlamento de Galicia, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2017.



INCREMENTO PRAZAS PROMOCIÓN INTERNA OPE 2015 E 2016.- No DOG do 24 de maio de 2016 publícase a Resolución do 3 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a Administración e as organizacións sindicais CCOO, UGT e CSIF sobre o incremento de prazas para a OPE de 2016 na promoción interna para o persoal laboral da Xunta de Galicia, o incremento da promoción interna das prazas acumuladas da OPE 2015 nos procesos da OPE de 2016 e a quenda específica de discapacidade intelectual.




OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2016.- Publicouse no DOG do 7 de marzo de 2016 o Decreto 19/2016, do 25 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.




OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2016.- A Dirección Xeral da Función Púbica remitiu ás organizacións sindicais un borador do Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente ao persoal funcionario e laboral da Administración Xeral da Comunidade Autóma, para prersentarlle as alegacións que consideremos oporturnas.



OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2015.- Publicado no DOG do 10 de marzo de 2015 o Decreto 34/2015, do 5 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.



PRAZAS CORRESPONDENTES Á OFERTA PARA O INGRESO NAS ESCALAS DE ADMINISTRACIÓN XERAL, ESPECIAL E PERSOAL LABORAL NO ANO 2015
O número de prazas da OPE 2015 figuran no seu Anexo



OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2014.- Publicouse no DOG do 15 de decembro de 2014 o Decreto 154/2014, do 11 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.



SORTEO LETRA PROCESOS SELECTIVOS.- Publicada no DOG do 10 de febreiro de 2014 a Resolución do 29 de xaneiro de 2014 pola que se fai público o resultado do sorteo ao que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O resultado foi a letra B.

OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2013.- Publicado no DOG do 19 de decembro de 2013 o Decreto 182/2013, do 12 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.



OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2013.- O resultado do sorteo da letra para establecer a orde de actuación dos aspirantes nos procesos selectivos correspondentes a OPE 2013 foi a letra X  (DOG núm. 15 do 22 de xaneiro de 2013)



OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2012.- Publicouse no DOG do 28 de decembro de 2012 o Decreto 262/2012, do 20 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012



OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2012.-  O resultado do sorteo da letra para establecer a orde de actuación dos aspirantes nos procesos selectivos correspondentes a OPE 2012 foi a letra Z. (DOG núm. 31 do 14 de febreiro de 2012).





OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2011. XUNTA DE GALICIA.- Publicado no DOG do 4 de abril de 2011 o Decreto 55/2011, do 31 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2011.