ACCIÓN SINDICAL

CONSORCIO GALEGO DE IGUALDADE E BENESTAR.- O 2 de setembro de 2019 CCOO remitiu escritos  dirixidos ao director xeral da Función Pública, á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Politica Social e ao Xerente do Consorcio I+B,  solicitándolle a cobertura inmediata da praza de Mestre/a no centro Interxeracional "Ramón Abellas" de Ourense, dependente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.


TRIBUNAL ENXEÑEIROS TÉCNICOS FORESTAIS.- O 19 de agosto de 2019 CCOO remitiu un escrito dirixido ao director xeral da Función Pública solicitándolle que proceda á apertura dunha investigación sobre posible incompatibilidade dos membros do tribunal de enxeñeiros técnicos forestais, por suposto incumprimento do artigo 45.2b da lei do emprego público.


RPT AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN.- O 19 de agosto de 2019 CCOO remititu un escrito dirixido ao Secretario Xeral Técnico da Consellería de Infraestruturas e Medio Ambiente, solicitándolle a corrección da RPT da AXI, para que se lle inclúa no apartado de observacións a lenda "ocupado por persoal laboral indefinido non fixo" a todas as prazas que teñan sentenza que así o indica.


IRREGULARIDADES CONTRATACIÓN EN SEAGA.- O 8 de agosto de 2019 CCOO remitiu varios escritos dirixidos ao director xeral da Función Pública, á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e ao Xerente de SEAGA, solicitando que se proceda a paralización das contratacións de persoal técnico, que a noso xuizo se están facendo de xeito irregular, asi como que se abra un novo proceso selectivo con garantías, para a elaboración de novas listas para a categoría de técnicos forestais.


FUNCIONARIZACIÓN PERSOAL LABORAL GARDERÍA FLUVIAL.- O 9 de xullo de 2019 CCOO remitiulle un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente comunicándolle as súas alegacións á proposta de acordo de funcionarización do persoal laboral da Gardería Fluvial do organismo autonómo Augas de Galicia.


PROCESOS DE PROMOCIÓN INTERNA.- O 1 de xullo de 2019 CCOO solicitoulle ao director xeral da Función Pública que proceda a indicarlle ao Presidente do Tribunal que cambie o criterio da nota corte do proceso selectivo de promoción interna A2 , para que como mímino pasen 2 por praza, seguindo un criterio similar ao do proceso de promoción do C1.



RPT CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL.- O 28 de xuño de 2019 CCOO remitiu á Secretaría Xeral Ténica da Consellería de Política Social as súas alegacións á proposta de modificación da súa RPT.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


RPT CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR.- O 28 de xuño de 2019 CCOO remitiu á Secretaría Xeral Ténica da Consellería de Politica Social as súas segundas alegacións a proposta de creación da RPT do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


EMPRESAS UBICADAS NO SERGAS.- O 25 de xuño de 2019 CCOO e UGT, remitiron un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería Sanidade, solicitándolle relación do nome das empresas privadas que están a prestar servizos estructurais propios de persoal funcionario, nas dependencias do SERGAS en San Lazaro.


LISTAS DE AGARDA DE SEAGA.- O 25 de xuño de 2019 CCOO remitiu un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, solicitándolle que dea as indicacións oportunas para que se revisen os criterios de adxudicación de postos efectuados polas listas de agarda de SEAGA, neste caso para chamamentos de postos de enxeñeiro de montes de Ourense.


PORTOS DE GALICIA.- O 19 de xuño de 2019 CCOO remitiu sendo escritos dirixidos ao director xeral da Función Pública e ao Presidente de Portos de Galicia solicitándolle a realización dunha RPT do ente público Portos de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


MESA DE PLUSES VICEPRESIDENCIA.- O 31 de maio de 2019 CCOO remitiu un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia AAPP e Xustiza solicitándolle a apertura da Mesa de Pluses comprometida na última tramitación da RPT.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



FUNCIONARIZACIÓN SPDCIF.- O 6 de maio de 2019 CCOO e UGT remitiron un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural solicitándolle que lle comunique formalmente a Función Pública a proposta de creación dunha escala no subgrupo C1 para facilitar a promoción do persoal laboral SPIF que se funcionarice.



FONDO ACCIÓN SOCIAL 2018.- O 6 de maio de 2019 CCOO e UGT solicitáronlle á Dirección Xeral da Función Pública que se modifique a forma de pago da axuda por persoas discapacitadas a cargo no FAS-2018, para o persoal funcionario da Xunta de Galicia, asimilandoo ao que se establece no artigo 35 do Convenio Único para o persoal laboral (cobrar a axuda mensualmente).



RPT MEDIO RURAL.- O 24 de abril de 2019 CCOO comunicoulle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural as súas alegacións á proposta de modificación da RPT de Medio Rural.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


VIXILANTES PROCESOS SELECTIVOS.- O 22 de abril de 2019 CCOO remitiu un escrito dirixido ao director xeral da Función Pública solicitándolle a elaboración dunha listaxe publica para asistir como vixilante nos procesos selectivos da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


PROCESO SELECTIVO ESCALA ESTATÍSTICOS (Subgrupo A1).- O 18 de marzo de 2019 CCOO comunicoulle á Dirección Xeral da Función Pública as súa alegacións á proposta de bases do proceso selectivo para o acceso á Escala de Estatisticos (subgrupo A1).
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


EQUIVALENTES CATEGORÍAS LABORAIS - FUNCIONARIOS.- O 11 de marzo de 2019 CCOO comunicoulle á dirección xeral da Función Pública as súas alegacións á proposta de equivalencia entre as categorías laborais e as escalas de funcionarios da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


FONDO DE ACCIÓN SOCIAL 2018.- O 11 de marzo de 2019 CCOO remititu á Dirección Xeral da Función Pública as súas alegacións a proposta de reparto da axuda de discapacitados, correspondente ao FAS-2018.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


TEMARIO PROCESOS SELECTIVOS E PROMOCIÓN INTERNA.- O 8 de marzo de 2019 CCOO remitiu un escrito dirixido ao diretor xeral da Función Pública solicitándolle aclare se o RDL 6/2019 que establece medidas urxentes sobre a igualdade de trato e oportunidades entre homes e mulleres no emprego e na ocupación, pois modifica o Estatuto dos Traballadors e o EBEP, van afectar aos temarios das oposicións xa convocadas.



PROCESOS SELECTIVOS.- O 19 de febreiro de 2019 CCOO comunicoulle á Dirección Xeral da Función Pública as súas alegacións á proposta de convocatorias de Auxiliar de Enfermería, das Escalas de Saúde Laboral (A1 e A2), Ordenanza, Subalterno e Bombeiro Forestal.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



PERSOAL CONDUTOR PARQUE MOBIL DA XUNTA DE GALICIA.- O 12 de febreiro de 2019 CCOO remitiu un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, solicitándolle a cobertura  de prazas vacantes de Condutores PMXG.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


MODIFICACIÓN DECRETO LISTAS.- O 11 de febreiro de 2019 CCOO comunicoulle á Dirección Xeral da Función Pública as súa quintas alegacións á proposta de modificación do Decreto 37/2006.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.




COTIZACIÓNS PERSOAL DE AGACAL.- O 16 de xaneiro de 2019 CCOO remitiu un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Conselería do Medio Rural solicitándolle que dea a indicacións oportunas para que se proceda a restituir os grupos de cotización da SS que tiñan os traballadores/as integrados en AGACAL, antes do 1 de xaneiro de 2019, asi como que se a Mutua de acidentes laborais sexa a mesmo que a do resto do persoal da Xunta de Galicia.



ESCALA DE ESTATÍSTICOS.- O 10 xaneiro de 2019 CCOO remitiu un escrito dirixido ao director xeral da Función Pública comunicándolle as súas alegacións á proposta de bases do proceso selectivo para o acceso á Escala de Estatisticos (subgrupo A1), rexistrado o 10 de xaneiro de 2018.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



PORTOS DE GALICIA.- O 12 de novembro de 2018 CCOO remitiu un escrito dirixido ao Director de Portos de Galicia e ao Director Xeral da Función Pública solicitándolle a creación das listas da categoría de gardapeiraos no Deceto 37/2006 de Listas da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


MODIFICACIÓN DECRETO 37/2006.- O 9 de novembro de 2018 CCOO remitiu á Dirección Xeral da Función Públca a súa proposta de modificación do Decreto 37/2006.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


REGULAMENTO  PROCESOS DE DE MOBILIDADE DO PERSOAL FUNCIONARIO.- O 8 de novembro de 2018 CCOO remitiu un escrito dirixido ao director xeral da Función Pública comunicándolle as súas segundas alegacións á Proposta de REgulamento dos Procedementos de Mobilidade de persoal funcionario da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



CONSORCIO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESATAR.- O 5 de setembro de 2018 CCOO remitiu sendos escritos ao director xeral da Función Pública e ao Xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar no que lles solicitamos a convocatoria urxente da mesa de negociación da RPT do persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.



CONCURSOS DE TRASLADOS DE PERSOAL LABORAL E PERSOAL FUNCIONARIO.- O 3 de setembro de 2018 CCOO remitiu sendos escritos  dirixidos ao director xeral da Función Pública solicitándolle a convocatoria urxente das mesas de negociación das bases dos concursos de traslados do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



RPT DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO.- O 27 de agosto de 2018 CCOO comunicoulle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda as súas alegacións á proposta de modificación da RPT do IGVS.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


RPT CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL.- O 17 de agosto de 2018 CCOO comunicoulle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural as súas alegacións complemetnarias á proposta de modificación da RPT de Medio Rural.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



ACORDO DE CONDICIÓNS DE TRABALLO AXENTES FORESTAIS/MEDIOAMBIENTAIS.-  O 17 de agosto de 2018 CCOO comunicoulle á Dirección Xeral da Función Pública as súas cuartas alegacións á proposta de Acordo de condicions de traballo, así como as alegacións á proposta de Orde que establece o rexime de prestación de servizos dos Axentes Forestais e Medioambientais.


ACORDO DE CONDICIÓNS DE TRABALLO AXENTES FORESTAIS/MEDIOAMBIENTAIS.- O 17 de agosto de 2018 CCOO solicitulle á Dirección Xeral da Función Pública a organización dun referendum de votación da última proposta de orde e acordo de condicións de traballo do persoal axente forestal/medioambiental.



II ACORDO RETRIBUCIÓNS, EMPREGO E NEGOCIACIÓN COLECTIVA.- O 14 de agosto de 2018 CCOO remitiu un escrito dirixido ao director xeral da Función Pública comunicándolle as súas quintas alegacións a proposta de transposición a Galicia, do II Acordo de retribucións, emprego e negociación colectiva para o persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



PERSOAL DE PROGRAMAS DE ATENCIÓN DEMANDANTES DE LONGA DURACIÓN.- O 13 de agosto de 2018 CCOO solicitoulle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria información sobre a renovación dos contratos do persoal dos programas de atención demandantes longa duración (PDL) e de activación para o emprego (PAE).



CARREIRA PROFESIONAL.- O 8 de agosto de 2018 CCOO comunicoulle á Dirección Xeral da Función Pública as súas segundas alegacións á proposta de Carreira Profesional para o persoal Funcionario e Laboral da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


II ACORDO RETRIBUCIÓNS, EMPREGO E NEGOCIACIÓN COLECTIVA.- O 7 de agosto de 2018 CCOO comunicoulle á Dirección Xeral da Función Pública as súas cuartas alegacións á proposta de transposición a Galicia, do II Acordo de retribucións, emprego e negociación colectiva para o persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



CARREIRA PROFESIONAL.- O 3 de agosto de 2018 CCOO comunicoulle á Dirección Xeral da Función Pública as súas alegacións á proposta de Carreira Profesional para o persoal Funcionario e Laboral da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS.- O 3 de agosto de 2018 CCOO comunicoulle á Dirección Xeral da Función Púbica as súas terceiras alegacións a proposta de Acordo de condicions de traballo, así como as alegacións á proposta de Orde que establece o rexime de prestación de servizos dos Axentes Forestais e Medioambientais.



II ACORDO DE RETRIBUCIÓNS, EMPREGO E NEGOCIACIÓN COLECTIVA.- O 2 de agosto de 2018 CCOO comunicoulle á Dirección Xeral da Función Pública as súas terceiras alegacións a proposta de transposición a Galicia, do II Acordo de retribucións, emprego e negociación colectiva para o persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


RPT CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL.- O 30 de xullo de 2018 CCOO comunicoulle á Secretaría Xeal Técnica da Consellería do Medio Rural as súas alegacións á proposta de modificación da RPT de Medio Rural.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


PROPOSTA MODIFICACIÓN REGULAMENTO COMITÉ DE INTERVENCIÓN ACOSO MORAL.- O 23 de xullo de 2018 CCOO, UGT e CIG remitiu un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, AAPP e Xustiza comunicándolle a proposta comunicándolle a súa proposta en relación as modificacións a levar a cabo no regulamento do Comité de Intervención, así como no protocolo de prevención do acoso laboral e outras discriminacións.



RPT DO LOMG E DE GAIN.- O 23 de xullo de 2018 comunicoulle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economia, Emprego e Industria as súas alegacións á proposta de modificación da RPT do LOMG e de GAIN.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS.- O 10 de xullo de 2018 CCOO comunicoule á Dirección Xeral da Función Pública as súas segundas alegacións á proposta de Acordo de condicions de traballo, así como as alegacións á proposta de Orde que establece o rexime de prestación de servizos dos Axentes Forestais e Medioambientais.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


LISTAS PROFESORES NUMERARIOS ESCOLAS NAUTICO PESQUEIRAS.- O 9 de xullo de 2018 CCOO solicitoulle á Presidenta da Comsión Permanente Central de Listas do Decreto 37 que aclaren as posibles irregularidades nas últimas contratacións, de profesores numerarios interinos das escolas nautico pesqueiras.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


ACORDO MELLORA DE EMPREGO PÚBLICO.- O 3 de xullo de 2018 CCOO, UGT E CSIF remitiron un escrito dirixido ao director xeral da Función Pública solicitándolle a convocatoria urxente da Comisión de Seguimento do Acordo de mellora do emprego público.


RPT CONSELLERÍA DO MAR.- O 2 de xullo de 2018 CCOO comunicoulle á  Secretaría Xeral Técnicado Mar as súas alegacións a proposta de modificación da RPT da Consellería do Mar e a orde que regula os organos de goberno dos Institutos maritimo-pesqueiros.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


RPT VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.- O 29 de xuño de 2018 CCOO comunicoulle á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, AAPP e Xustiza as súas alegacións complementarias  á proposta de modificación da RPT.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


RPT VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.- O 28 de xuño de 2018 CCOO comunicoulle á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, AAPP e Xustiza as súas alegacións  á proposta de modificación da RPT.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


PERSOAL DO SPDCIF.- O 27 de xuño CCOO, UGT, CIG e CSIF remitiron un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural solicitándolle unha xuntanza urxente para aclarar o tempo de permiso para asistir as probas físicas e de agudeza visual do persoal do SPDCIF.


MEDICIÓN GAS RADÓN.- O 26 de xuño de 2015 CCOO solicitoulle á Secretaría Xeral Técnica de Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza  que proceda dar indicacións para que se leven a cabo as medicións de gas radón, así como que se implementen as medidas preventivas pertinentes en tódolos centros da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



FARMACEUTICOS INSPECTORES DE SAÚDE PÚBLICA.- O 22 de xuño de 2018 CCOO, UGT, CIG e CSIF remitiron un escrito dirixido á Secretaría Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra comunicándolle a presentación dun recurso de alzada, solicitando a nulidade da orde emitida o 23 de maio de 2018, dirixida aos Farmaceuticos Inspectores de Saúde Pública (FISP) das zonas de Vigo, Pontevedra e Lalín, que plantea darlle validez a unhos protocolos e a recollida de datos microbioloxicos de autoría descoñecida.


COMITÉ  DE INTERVENCIÓN DA PREVENCIÓN DO ACOSO LABORAL.- O 15 de xuño de 2018 CCOO, UGT e CIG remitiron un esxcrito dirixido á Secretaria Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, solicitándolle unha xuntanza urxente para analizar as irregularides e estudiar as posibles solucións ao funcionamento do Comité de Intervención da Prevención do Acoso Laboral na Xunta de Galicia.


FLEXIBILIDADE HORARIA E TELETRABALLO.- O 21 de xuño de 2018 CCOO, UGT, CIG e CSIF solicitáronlle á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa unha xuntanza urxente da Comisión de Seguimento que regula a flexibilidade horaria e o teletraballo do persoal da Xunta de Galicia.


CONCURSO DE TRASLADOS PERSOAL LEI 17/89.- O 21 de xuño de 2018 CCOO comunicoulle ao director xeral da Función Pública as súas cuartas alegacións á proposta de relación de prazas do concurso de traslados do persoal sanitario da lei 17/89.


CONSELLO CONSULTIVO DE GALCIA.- O 19 de xuño de 2018 CCOO comunicoulle á Secretaría do Consello Consultivo de Galicia as súas alegacións á proposta de de criterios para a asignación do complemento de productividade.


INSTRUCIÓNS HORARIO DE VERÁN.- O 18 de xuño de 2018 CCOO solicitoulle ao director xeral da Función Pública a modificación e aclaración da instrucción do horario de verán para que este se estenda a todo o persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia (en particular ao persoal a quendas e ao persoal con horarios especiais).
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.




COMISIÓN DE SERVIZO.- O 14 de xuño de 2018 CCOO remitiu un escrito dirixido ao director xeral da Función Pública reiterándolle que proceda a anulación das comisións de servizo fraudulentas que afectan a postos de xefatura de servizo da lei 17/89, que seguen ocupadas sen nomeamento oficial na Consellería de Sanidade e do SERGAS.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


MESA NEGOCIACIÓN INCREMENTO RETRIBUTIVO.- O 7 de xuño de 2018 CCOO, UGT e CISF remitiron un escrito dirixido ao Conselleiro de Facenda solicitándolle a convocatoria urxente dunha mesa de negociación para abordar o incremento retributivo do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia.


RPT POLÍTICA SOCIAL.- O 6 de xuño de 2018 CCOO comunicoulle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social as súas alegacións complementarias  á proposta de modificación da RPT.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


CONCURSO PERSOAL LEI 17/89.- O 28 de maio de 2018 CCOO comunicoulle ao director xeral da Función Pública as súas alegacións complementarias a proposta de prazas, que pretende excluir a Administración, do concurso de traslados do persoal sanitario da lei 17/89.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


CRONOGRAMA PROCESOS.- O 25 de maio de 2018 CCOO remitiulle un escrito dirixido ao director xeral da Función Pública comunicándolle  a súa proposta para a realización dun cronograma para realizar os concursos de traslados, a promoción interna, o procesos de estabilización e a OPE do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS.- O 24 de maio de 2018 CCOO comunicoulle ao director xeral da Función Pública as súas alegacións a proposta de Acordo de condicions de traballo dos Axentes Forestais e Medioambientais.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


MESA NEGOCIACIÓN INCREMENTO RETRIBUTIVO.- O 21 de maio de 2018 CCOO remitiu un escrito dirixido ao Conselleiro de Facenda solicitándolle a convocatoria urxente dunha mesa de negociación para abordar o incremento retributivo do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


RPT CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL.- O 18 de maio de 2018 CCOO comunicoulle ao Secretario Xeral Técnico da Consellería de Política Social as súas alegacións á proposta de modificación da RPT.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


ACORDO DE XUBILACIÓN PARCIAL E ANTICIPADA.- O 16 de maio de 2018 CCOO solicitoulle ao director xeral da Función Pública que proceda a convocatoria da comisión de seguimento do acordo de xubilación parcial e anticipada para anular a instrución remitida as Consellerias que restrinxe dereitos dos traballadores en expectativa de exercer dita xubilación.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


AXUDAS DE CUSTO NA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL.- O 15 de maio de 2018 CCOO solicitoulle ao Secretario Xeral Técnico da Consellería de Politica Social que proceda a clarificar a partir  de que hora se xera o dereito a percibir  as axudas de custo por manutención, así como que publique a correspondente instrución para que se lle aplique o mesmo criterio a todo o persoal desa Consellería.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



RPT CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA E ACCIÓNS FORMATIVAS.- O 14 de maio de 2018 CCOO comunicoulle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria as súas terceiras alegacións á proposta de modificación da RPT e as súas segundas alegacións ao Plan de Accións Formativas.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


ADSCRIPCIÓNS ILEGAIS DE PEÓN FORESTAL.- O 9 de maio de 2018 CCOO remitiu escrito dirixido á Inspección de Traballo Pontevedra comunicándolle a denuncia en relación as adscripcións ilegais de Peón Forestais a funcións de superior categoría propias de Vixilantes de Recursos Naturais.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


PERSOAL TÉCNICO DE INCENDIOS.- O 3 de maio de 2018 CCOO, UGT, CIG e CSIF solicitáronlle á Consellería do Medio Rurala apertura urxente da mesa de negociación para a renovacion acordo de condicións de traballo do persoal técnico de incendios.


ACLARACIÓN HORARIO DE CONCILIACIÓN.- O 30 de abril de 2018 CCOO remitiulle un escrito á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa solicitándolle que proceda a dar as indicacións oportunas para que se aclare a aplicación do horario de conciliación e non se neguen dereitos aos traballadores de forma arbitraria, unilateral e sen seguir a normativa vixente.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



ACORDO CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL.- O 30 de abril de 2018 CCOO comunicoulle ao director xeral da Función Pública as súas alegacións á proposta de Acordo para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta a través das listas de persoal funcionario interino.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



HORAS EXTRAS PERSOAL DO LOMG.- O 23 de abril de 2018 CCOO solicitoulle ao secretario xeral técnico da Consellería de Economia, Emprego e Industria unha xuntanza urxente para tratar o pago das horas extra do persoal do LOMG.



ACORDO DE MELLORA DO EMPREGO DO PERSOAL LABORAL DO SPDCIF.- O 23 de abril de 2018 CCOO comunicoulle ao director xeral da Función Púbica as súas alegación á Proposta de Acordo de Mellora do Emprego do Persoal laboral do SPDCIF.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


DEFICIENCIAS NO EDIFICIO DE SAN LÁZARO.- O 18 de abril de 2018 CCOO solicitoulle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria que dea as indicacións oportunas para que se solucionen as deficiencias que existen no Edificio Administrativo de San Lázaro. Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


VACANTES PRAZAS TELEFONISTAS.- O 17 de abril de 2018 CCOO solicitoulle á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, AAPP e Xustiza que dea as indicacións oportunas para que se cubran as baixas por IT e as demais prazas vacantes do servizo de atención ao cidadán (telefonistas) Edificio Administrativo San Caetano.


BASE DA UME EN OURENSE.- O 17 de abril de 2018 CCOO, UGT, CIG e CSIF remitiron un escrito dirixido á Conselleira de Medio Rural solicitándolle que non atenda a petición de que se ubique a base da UME para a loita contra os incendios forestais en Ourense.



ADSCRIPCIÓNS SUPERIOR CATEGORÍA EN MEDIO RURAL.- O 10 de abril de 2018  CCOO comunicoulle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural as súas alegacións a proposta de criterios para regular as adscripcións temporais e a superior categorías entre o persoal laboral da Consellería de Medio Rural.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


CONCURSO DE TRASLADOS PERSOAL SANITARIO LEI 17/89.- O 9 de abril de 2018 CCOO comunicoulle á Dirección Xeral de Función Pública as súas segundas alegacións complementarias a proposta de Bases para o concurso de traslados do persoal sanitario da lei 17/89.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


CONCURSO DE TRASLADOS PERSOAL LEI 17/89.- O 3 de abril de 2018 CCOO comunicoulle á Dirección Xeral da Función Pública as súas alegacións complementarias a proposta de bases para o concurso de traslados do persoal sanitario da lei 17/89.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


RPT CONSELLERÍA DO MAR.- O 23 de marzo de 2018 CCOO comunicoulle á  Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar as súas alegacións complementarias a proposta de modificación da RPT da Consellería do Mar.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


FONDO DE ACCIÓN SOCIAL 2017.- O 20 de marzo de 2018 CCOO comunicoulle á Dirección Xeral da Función Pública as súas alegacións á proposta de reparto da axuda de discapacitados, correspondente ao FAS-2017.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.

AXENCIA GALEGA DE INDUSTRIAS CULTURAIS.- O 9 de marzo de 2018 CCOO solicitoulle ao Director da AGADIC unha xuntanza urxente para analizar a situación e por en practica as posibles solucións axeitadas para ter unhos vestiarios que cumpran as condicións da normativa vixente, para o persoal da AGADIC.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



PROCESOS SELECTIVOS ESCALAS DE FINANZAS.- O 22 de febreiro de 2018 CCOO comunicoulle ao director xeral da Función Pública as súas alegacións á proposta de bases para os procesos selectivos das escalas de finanzas (A1 e A2).
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


CONSORCIO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR.- O 19 de febreiro de 2018 CCOO solicitoulle ao secretario xeral técnico da Consellería de Politica Social, ao Xerente Consorcio e ao director xeral da Función Pública a relación de traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.


PAGA EXTRA PERSOAL FUNCIONARIO.- O 19 de febreiro de 2018 CCOO solicitoule ao director xeral da Función Pública que faga as xestións oportunas para que o persoal funcionario da Xunta cobre o 100% das pagas extra.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


ACLARACIÓN BUZON DE PRAZAS ESTABILIZACIÓN.- O 14 de febreiro de 2018 CCOO solicitou á Dirección Xeral da Función Pública que proceda a incorporación, aclaración, modificación e retirada de prazas do buzón de postos publicado para levar a a cabo o proceso de estabilización, funcionarización e OPE 2018.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



RPT CONSELLERÍA DO MAR.- O 12 de febreiro de 2018 CCOO comunicoulle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar as súas alegacións á proposta de modificación da RPT da Consellería do Mar.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


ESCALAS PERSOAL SPDCIF.- O 6 de febreiro de 2018 CCOO, UGT e CSIF solicitáronlle á Conselleira de Medio Rural unha xuntanza urxente para negociar un acordo de escalas do persoal do SPDCIF, levar a cabo unha actualización academica e establecer os itinerarios formativos.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



PERMUTAS PERSOAL TEMPORAL.- O 22 de xaneiro de 2018 CCOO solicitoulle á Dirección Xeral da Función Pública que proceda a convocatoria do Comité Intercentros para modificar o artigo 17 que regula as permutas no Convenio Único, en aplicación da sentenza do Tribunal Constitucional que estimou o recurso de amparo planteado por CCOO para equiparar ao persoal temporal co fixo.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



EQUIPOS INFORMÁTICOS OFICINAS DE EMPREGO.- O 19 de xaneiro de 2018 CCOO remitiu un escrito dirixido ao Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, reiterándolle a petición de renovación e modernización dos equipos informaticos das oficinas do servizo público de emprego de Galicia.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


IRREGULARIDADES CONTRATACIÓN PROFESORES NUMERARIOS.- O 19 de xaneiro de 2018 CCOO solicitoulle ao director xeral da FunciónPública que proceda a abrir unha investigación sobre posibles irregularidades nas últimas contratacións, a través das listas da Xunta, de profesores numerarios interinos das escolas nautico pesqueiras.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.


IMPLANTACIÓN KRONOS EN CENTROS DE CULTURA.- O 15 de xaneiro de 2018 CCOO remitiu escritos dirixidos a Secretaría Xeral de Cultura e a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Administrativa, solicitándolle á paralización provisional da instrucción sobre implantación do KRONOS, nas bibliotecas, museos e arquivos, en tanto non se negocie o respecto aos dereitos adquiridos e as carteleiras que están en vigor.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



ACLARACIÓN SOBRE AS AXUDAS DE CUSTO.- O 3 de xaneiro de 2018 CCOO, remitiu un escrito dirixido ao Conselleiro de Facenda, reiterándolle o que lle solicitabamos á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma para que nos aclarase a partir de que hora se xeraba o dereito a percibir o 50% da axuda de custo por manutención.


PLAN ACCIÓNS FORMATIVAS E PLAN REORGANIZACIÓNS OFICINAS EMPREGO.- O 20 de decembro de 2017 CCOO comunicoulle á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria as súas alegacións ao PLAN ACCIÓNS FORMATIVAS E PLAN REORGANIZACIÓNS OFICINAS EMPREGO.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



RPT CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.- O 15 de decembro CCOO comunicoulle á Secretaría Xeral da Consellería de Economía, Emprego e Industria as súas alegacións á proposta de modificación RPT da C. de Economía, Emprego e Industria.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.



AXENCIA GALEGA DE INDUSTRIAS FORESTAIS.- O 14 de decembro de 2017 CCOO remitiu un escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria comunicándolle as súas alegacións a proposta de RPT da Axencia Galega de Industrias Forestais.
Para máis información podes porte en contacto coa túa sección sindical de CCOO.




CONSELLERÍA DO MAR E PORTOS DE GALICIA.- O 29 de novembro de 2017 CCOO remitiu sendos escritos á Consellería do Mar e a Portos de Galicia solicitándolles que eliminen as entrevistas persoais dos procesos de selección de persoal interino deste Ente Público.