6/8/19

COMISIÓN DE PERSOAL 02/08/2019

O pasado 2 de agosto de 2019, celebrouse a xuntanza da comisión de persoal na que se trataron os seguintes puntos:


Punto primeiro.- Proposta de Resolución do día.... de 2019 da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Administración da Comunidade Autónoma da Galicia.

Punto segundo.- Proposta de addenda ao acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais, CIG, CCOO,CSIF e UXT sobre o persoal laboral da axencia galega de infraestruturas.

Punto terceiro.- Proposta de actuacións a desenvolver entre a administración e as organizacións sindicais relativas ao persoal laboral de gardería fluvial da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Punto cuarto.- Proposta de actuacións a desenvolver entre a administración e as organizacións sindicais relativas ao persoal laboral do grupo V categoría 9: vixiantes de recursos naturais da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda.

Punto quinto.- Proposta de modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Punto sexto.- Rogos e preguntas

Para máis información podes ler a nota informativa aquí