15/7/19

Tribuna Nº 152 XULLO-AGOSTO 2019

Xa temos o Tribuna da Administración Pública de Galicia correspondente aos meses de XULLO e AGOSTO. Nel atoparás o  seguinte contido, entre outras novas, que confiamos sexan do teu interese:


Ampliación e desenvolvemento do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galicia
Dende CCOO seguimos a traballar para que este acordo sexa o motor para avanzar na recuperación de todos e cada un dos dereitos dos traballadores públicos Galegos.

Política Social maltrata ao seu persoal!!!
A recente proposta de modificación da RPT da Consellería de Política Social, tería que ser a oportunidade da Xunta de Galicia para dotar dunha vez por todas de persoal suficiente a todos os centros dependentes da Consellería, na actualidade abandonados polas políticas públicas do goberno galego, e absolutamente asoballados pola crecente moda da subcontratación e privatización dos servizos públicos.

Podes ler o tribuna completo aquí