12/7/18

TRIBUNA XULLO-AGOSTO 2018

Case que dez anos levamos sufrindo os empregados e empregadas públicas da Xunta de Galicia a falta de acordos propios e Galicia, que melloren as nosas retribucións e as nosas condicións de traballo. O derradeiro e único acordo destas características en Galicia, finalizou no ano 2009 e supuxo un importante incremento nas nosas nóminas.

A partir de aí chegou “a travesía polo deserto”. A crise económica e o control do déficit e do gasto público foron os argumentos dos distintos gobernos estatais e autonómicos (máis alá da súa cor política) para iniciar unha senda de medidas destinadas a recortar e rebaixar os dereitos laborais e económicos dos empregados públicos: redución do 5% do salario no ano 2010, descontos polo mero feito de caer enfermos, eliminación das compensacións por traballo en domingos e festivos, eliminación do fondo de acción social, recortes nas pagas extras e unha interminable sucesión
de perda de dereitos salariais e laborais.

O continua este artigo na portada do noso Tribuna dos meses xullo e agosto de 2018 que ten o seguinte sumario:

Páx. 1) É urxente complementar o Acordo estatal cun acordo propio en Galicia de incremento de retribucións e de recuperación de dereitos para o persoal funcionario e laboral

Páx. 2) Das comisión de servizo que pasan a ser vicio. A Xunta de Galicia está incorrendo nun permanente estado vicioso.
Por que lle chaman negociación cando queren dicir confrontación permanente.

Páx. 3) Últimas novas: Proposta de Acordo sobre as condicións de traballo dos Axentes Forestais e Medioambienais. Proposta de CCOO para a Ordenación no ámbito da Xunta de Galicia dos procesos de estabilización derivados do II Acordo para a Mellora no Emprego Público e as Condicións de Traballo. Horario de verán nos centros de Cultura. Medición de Gas Radón. Acordo entre a Xunta de Galicia e as Organizacións Sindicais polo que se amplía o Acordo de 18 de outubro de 2018 para o desenvolvemento dun Plan de Estabilidade no emprego dos Servizos Públicos.

Páx. 4) RPT Vicesipresiencia e Consellería da Presidencia, AAPP e Xustiza. Sen noticias do incremento de tempo de traballo do persoal descontinuo.

TARXETA VERMELLA PREMIUM: Para a Consellería do Medio Rural pola desorganizacón na probas físicas do PLADIGA 2018.