26/4/18

XUNTANZA PREVIA A MESA XERAL

O mércores 18 de abril de 2018 celebrouse unha xuntanza previa a mesa xeral, na que se trataron os seguintes temas:

a) Proposta de modificación da RPT da Consellería de Economía, Emprego e Industria.- Con respecto a este tema a administración facilitou a seguinte información: Que nesta reunión non se ía tratar o Plan que establece as condicións laborais do persoal que realice visitas de seguimento e supervisión das accións formativas para o emprego; Que era certo que se amortizaban postos (95) e se creaban 69 (algúns de nivel); Que se aceptaba a petición de CCOO e que o posto de Formador de formadores da Xefatura Territorial da Coruña se ía situar de novo no Servizo de Orientación e Promoción Laboral; Que como consecuencia dunha sentenza se ía crear un novo posto de Técnico de Arquivos pero de persoal laboral (indefinido non fixo); Que se abrían as 4 Xefaturas de Sección do SMAC a administración xeral co mérito de licenciado en dereito; Que se creaban postos de Axudantes de administración de nivel 16 e de xefatura de negociado nivel 18 nas xefaturas territoriais e nalgunha oficina de emprego.

b) Convocatoria procesos selectivos de Enxeñería de Montes e Enxeñería Técnica Forestal.- Neste caso, a administración informa dos cambios con respecto á proposta inicial:

* No caso de que a persoa solicitante autorice á administración a consultar os datos sobre discapacidade, familia numerosa ou desemprego non será necesario presentar a documentación acreditativa destas circunstancias.

* Modificación nos temarios a proposta das organizacións sindicais e da consellería.