18/2/18

TRIBUNA FEBREIRO 2018

CCOO e UGT convocaron para o próximo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, unha folga de dúas horas por quenda para denunciar a discriminación e as brechas existentes no mercado laboral e dar resposta ás demandas e necesidades das traballadoras deste país.

Así mesmo se convocaran mobilizacións e concentracións, co lema #Vivas, libres, unidas pola igualdade, animando aos traballadores e traballadoras a participar de forma masiva nas manifestacións que terán lugar o Día Internacional das Mulleres. 

Continua este artigo na portada do noso Tribuna de febreiro que ten o seguinte sumario:

Páx. 1) 8 de marzo Folga de dúas horas contra a desigualdade, a precariedade e a violencia que sofren as mulleres

Páx. 2) IMPLANTACIÓN DO SISTEMA KRONOS NOS CENTROS DA ÁREA DE CULTURA. UN DESASTRE SIN PALIATIVO

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DA IGUALDADE E BENESTAR. É necesario reforzar os servizos centrais en tanto no se produza a integración na Xunta. 

PAGAS EXTRAS COMPLETAS, PERO NON PARA TODOS 

Páx. 3) Últimas novas: Implantación do sistema de fichaxe KRONOS nos arquivos, bibliotecas e Museos. Mellora dos equipos informáticos do Servizo de Emprego Público de Galicia. Modificación do artigo relativo ás permutas do V Convenio Colectivo Único do persola laboral da Xunta de Galicia. Modificación da RPT da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Modificación da RPT da Axencia Galega de Infraestruturas.

Páx. 4) Prxecto de Ordes dos procesos selectivos para o ingreso por acceso libre no Corpo Superior, de Xestión e Auxiliar Administrativo e por promoción interna no Corpo Superior, de Xestión, Administrativo e Auxiliar e nas Escalas de Sistemas e Tecnoloxía da Información e de Xestión de Sistemas de Informática. Prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos para o 2018. 

CCOO senta de novo ao Goberno para recuperar o arrebatado ás empregadas e empregados públicos !