7/12/17

XUNTANZA SOBRE REORDENACIÓN CATEGORIAS AXENCIA GALEGA INFRAESTRUCTURAS

O pasado 30 de novembro celebrouse unha nova reunión coa Axencia Galega de Infraestruturas, na que se ratifica o principio de acordo da anterior xuntanza, entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a maioría das Organizacións Sindicais.

Recordámosvos as cuestións básicas deste acordo, que son:

1.- Promoción Interna. As propostas de CCOO son tidas en conta, e na proposta definitiva, auméntanse as prazas de promoción interna ao grupo III categoría 09, a un mínimo de 57 prazas.

2.- Racionalización de Categorías. Reunifícanse na III/09 as categorías 7, 8, 23, 60 e 67 do grupo III. 

3.- Titulación para optar a prazas do Grupo III Categoría 09. Realizarase un procedemento para que o persoal da categoría 31 do grupo IV que non posúa a titulación exixida para optar a categoría III/09 poida presentarse á promoción interna para esas prazas. 

4.- Cambio de denominación da categoría 031 do grupo IV. Outra proposta de CCOO que se tivo en conta foi o de iniciar o procedemento para o cambio da denominación de Legoeiro a Axente de Estradas.