23/10/17

ÓRGANOS DE GOBERNO DOS CENTROS DE FORMACIÓN MARÍTIMO-PESQUEIRA

A explicación que nos facilitan para presentar este regulamento é que estes centros de traballo levan moito tempo sen procesos selectivos e sen concursos de traslados polo que agora se atopan con que teñen problemas para cubrir os postos dos órganos directivos.

En primeiro lugar a representación de CCOO comenta que remitiremos as alegacións por escrito a vindeira semana, pero en todo caso pasamos a relatar por riba determinadas cuestións.

No caso do procedemento de selección da dirección consideramos que se dá moito peso á representación da Administración polo que solicitamos que haxa unha maior compensación na representación da comisión de selección.

Tampouco compartimos o modelo de entrevista que se establece neste procedemento, xa que entre outras cousas no queda claro que se lles vaia a realizar a todos os candidatos. Neste punto a representación da Consellería do Mar parece estar de acordo e vai revisar o texto.

Porén, en canto aos criterios de valoración para o proxecto na que CCOO considera que deben establecerse de antemán néganse a entrar neste asunto xa que alegan que será cousa da propia comisión  de valoración.