20/10/17

MESA XERAL E COMISIÓN DE PERSOAL 18-10-2017

O mércores 18 de outubro houbo xuntanzas da Mesa Xeral de Empregados Públicos e da Comisión de Persoal para tratar os seguintes temas:

RPT da Consellería de Facenda.- Tal e como fixeramos nas dúas reunións mantidas coa consellería e na previa mantida coa Dirección Xeral da Función Pública, dende CCOO, ademais de reiteramos nas alegacións presentadas que non foran atendidas na negociación previa.

Plan de Estabilidade no Emprego dos Servizos Públicos.- Respecto deste punto, desde CCOO defendemos as alegacións presentadas e manifestamos entre outras cousas:

- Que este Acordo debe ser de aplicación ás entidades do sector público autonómico incluídas no ámbito do mesmo.

- Reducirase a temporalidade a un 7% de xeito xeral e sen prexuízo dos acordos sectoriais que posibiliten acadar unha taxa menor.

- Que se incorpore a previsión contida no Acordo de Mellora do Emprego Público do 29 de marzo no sentido de que a promoción interna non reste taxa de reposición.

Lei de Medidas – Orzamentos 2018.- Esta Lei propón a modificación de determinados artigos da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia (ampliación do permiso de maternidade entre eles) e a creación da escala de vixiantes de recursos naturais (C2).

Masa salarial destinada ao Capítulo I – Orzamentos 2018.- Neste punto o documento foinos entregado só dúas horas antes da xuntanza co que foi materialmente imposible analizalo minimamente.

Rogos e preguntas: Regularización da ubicación dunha praza de VRN na Conca do Ulla; Cronograma procesos selectivos OPE 2016; Elección destino Subgrupo C2 acceso libre; Concurso de traslados persoal laboral; Pazas do proceso de consolidación; Decreto de funcionarización e Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.