9/8/17

XUNTANZA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE – SINDICATOS

O martes 1 de agosto de 2017 mantivemos unha nova xuntanza coa Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Os temas tratados foron os seguintes:

Subida de niveis.- Comentan que fixeron consulta a Función Pública sobre este tema, xa que é algo que é competencia dese departamento.

Acordo de condicións de traballo para as escalas de Axentes Forestais e Medioambientais.- Din que fixeron un borrador de proposta que afectaría aos Axentes que dependen da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Regulamento de Funcións.- Dinnos que miraron a proposta achegada por CCOO conxuntamente coa CIG e UGT, sen comentar ningún aspecto do seu contido.

Emisoras.- En setembro se adxudicará a dotación de 313 equipos de comunicación entre portófonos e emisoras de vehículos.

Vehículos.- Se ao principio nos dixeran que os ían mercar en propiedade, e no último Comité de Seguridade e Saúde Laboral da CMAOT nos dixeran que ían convertelos en leasing, agora nos preguntan de novo se nos valen as adquisicións en propiedade.