03/01/12

XUNTANZA COMITÉ INTERCENTROS SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Na xuntanza do Comité Intercentros de Saúde Laboral da Xunta de Galicia que se celebrou o 22 de decembro se trataron os seguintes puntos:

1.- Avaliacións de riscos laborais.- Os representantes da Administración comentaron que na actualidade hai poucas dispoñibilidades orzamentarias para aplicar as medidas correctoras dos plans de avaliación.

2.- Medidas de emerxencia. A Administración manifestou que incorporará nos plans de avaliacións de cada centro, un anexo coas medidas de emerxencia para o caso dunha evacuación

3.- Formación en prevención. O tema a tratar foron os cursos de primeiros auxilios e os de riscos laborais para o persoal de tarefas administrativas

Ademais, previo a esta xuntanza do Comité Intercentros de Saúde Laboral, tivo lugar a da Comisión Paritaria de seguimento do acordo de participación en materia de prevención de riscos laborais.

Ler máis ...

En CCOO cada día somos máis. Dende o 2009 xa nos visitaron:

contador de visitas