CCOO considera inaceptable que retiren 1000 prazas do concurso de traslados do persoal laboral
CCOO considera inaceptable que Función Pública, despois de máis de 5 anos sen convocar un concurso de traslados, pretenda retirar abruptamente mais de 1000 prazas do concurso de traslados do persoal laboral da Xunta de Galicia.
CCOO considera incomprensible, inxustificable, intolerable, insultante e inaceptable que os xestores da Función Pública Autonómica, seguindo directrices políticas e, probablemente, intereses espurios, pretendan retirar abruptamente do concurso de traslados 670 prazas pertencentes ao proceso de consolidación e as mais de 330 prazas do proceso de estabilización.