11/01/12

CCOO OPONSE Á DIVISIÓN DO CORPO DE AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS EN DÚAS CONSELLERÍAS

A DIVISIÓN DO CORPO DE AXENTES PENALIZA A EFICTIVIDADE E A OPTIMIZACIÓN DOS RECURSOS PÚBLICOS

A reestruturación da Xunta de Galicia mediante a redución a oito consellerías conlevou á asignación de persoal das escalas de Axentes Facultativos Medioambientais e da de Axentes Forestais a dúas consellerías distintas, cando está sobradamente demostrado que integrados nunha mesma consellería son máis efectivos e optimízanse mellor os recursos públicos.

Esta división non é nova para estes traballadores, pois xa co goberno bipartito se fixo esta manobra que obtivo moi malos resultados na xestión, tanto na loita contra os incendios forestais e coma na vixilancia e protección do Medio Ambiente.

En CCOO cada día somos máis. Dende o 2009 xa nos visitaron:

contador de visitas