19/01/12

CCOO EMPRAZA A NUÑEZ FEIJOO A QUE PARALICE A PRIVATIZACION DOS SERVICIOS SOCIAIS

CCOO denuncia que o Goberno Autonómico opta por desmantelar servizos esenciais para favorecer intereses empresariais en detrimento do interese público

CCOO esíxelle aos integrantes do goberno popular a que empecen a gobernar con responsabilidade e deixen xa de facer negocio a conta dos servizos públicos e dos cidadáns de Galicia.

CCOO, ante a publicación no DOG de varios anuncios polos que o Consorcio Galego de Benestar e Servizos Sociais licita a privatización da xestión de varias escolas infantís, rexeita totalmente tal pretensión e demándalle a Núñez Feijoo que mude as súas políticas depredadoras de servizos esenciais como son as Escolas Infantís ou os Centros de Dia, entre outros.

En CCOO cada día somos máis. Dende o 2009 xa nos visitaron:

contador de visitas