20/01/12

CCOO EMPRAZA A NUÑEZ FEIJOO A QUE NON UTILICE A DEMAGOXIA PARA XUSTIFICAR OS RECORTES NA FUNCIÓN PÚBLICA

CCOO REXEITA AS PRETENSIONS DE NUÑEZ FEIJOO DE UTILIZAR NOVAMENTE AOS EMPREGADOS PÚBLICOS COMA CHIVOS EXPIATORIOS

Ante as informacións aparecidas en distintos medios de comunicación sobre as supostas pretensións do Goberno da Xunta de Galicia de aplicar novos recortes na Función Pública Autonómica, CCOO manifesta descoñecer as pretensións reais do Goberno, ao tempo que lle lembra aos dirixentes autonómicos que tódalas materias relativas ao persoal deben ser presentadas, tratadas, analizadas e negociadas obrigatoriamente nas Mesas de Negociación da Función Pública establecidas legalmente ao efecto. É alí onde os emprazamos a que presenten as propostas para que, a través do diálogo e con luz e taquígrafos, podamos contrarrestalas con outras propostas mais viables, coherentes e útiles para enfrontármonos á crise con responsabilidade e sen necesidade de termos que sufrir recortes sempre os mesmos.

En CCOO cada día somos máis. Dende o 2009 xa nos visitaron:

contador de visitas