MELLORA E FUNCIONAMENTO DOS PROCESOS SELECTIVOS DA XUNTA DE GALICIA
CCOO considera que os avances na negociación do texto do Decreto de Selección de Persoal e nos da Instrución de Funcionamento dos Tribunais son aínda insuficientes.
Tras moitas xuntanzas celebradas desde hai máis de un ano sobre estas materias e, logo de que presentaramos múltiples alegacións ao texto proposto pola Administración, desde CCOO consideramos, e así o manifestamos na xuntanza do 21 de decembro, que a posibilidade de chegar a un acordo pasaría, entre outras cuestións, por incluír reivindicacións que, para a nosa organización, constitúen as liñas roxas nesta negociación.