04/12/11

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL DOS SERVICIOS CENTRAIS DA XUNTA DE GALICIA

O 30 de novembro constituíuse o Comité de Seguridade e Saúde Laboral dos servicios centrais da Xunta de Galicia. Este comité non se xuntaba dende marzo do ano 2008. Os puntos que cómpre sinalar neste Comité son:

- Informan das avaliacións de risco realizadas no ano 2010 e 2011 nos centros de traballo de servicios centrais. Aclaran que a avaliación do Edificio dos Espellos, que se fixo xa hai máis dun ano estará á nosa disposición en breve.

- Igualmente comunican que o programa das avaliacións para o ano 2012 se tratará no Comité Intercentros de Saúde Laboral xunto con toda a programación da Xunta de Galicia.

- Facilítannos unha relación dos accidentes de traballo sufridos en 2010 e no que vai de 2011 polo persoal de servicios centrais, cualificados todos como leves, a pesar de que nalgún caso os días de baixa foron superior a 200.

No apartado de rogos e preguntas CCOO solicita que cando se realice unha xornada formativa, se realice algún tipo de simulacro de emerxencia ou calquera outra actividade de prevención de riscos laborais en calquera centro de traballo os delegados de prevención sexan informados coa debida antelación.

Tamén incidimos dende CCOO en que se lle lembre á Mugatra que o prazo para entregar as avaliacións de riscos laborais é dun mes, xa que en varias ocasións non cumpriron este prazo.

En CCOO cada día somos máis. Dende o 2009 xa nos visitaron:

contador de visitas