15/12/11

COMISIÓN DE PERSOAL DO 13/12/2011

Como continuación da nota informativa resumo da mesa xeral do 7 de decembro, informamos do sentido do voto nos puntos que conformaron a orde do día da Comisión de persoal do día 13:

· Na RPT do IGE, deixamos constancia na acta de que o remanente entre as dúas prazas que se amortizan e a que se crea debe quedar no capítulo I para atender outras necesidades que poideran xurdir. Ao final da comisión acercouse a secretaria do IGE e nos dixo que xa lle dixeran a Función Pública que deixaran ese remanente para pagar trienios dos laborais e dos funcionarios (capitulo I en definitiva). En canto ao noso voto, ABSTIVÉMONOS, xa que consideramos perigoso a apertura a outras administracións da praza de Técnico facultativo de grao medio (aínda que nos demostraron que tiveran dificultades para cubrila con persoal da Xunta de Galicia).

· Na de Sanidade votamos EN CONTRA xa que tal e como puxemos na nota referida anteriormente non aceptaron ningunha das nosas alegacións.

· A RPT de Traballo retirárona do orde do día e queda para outra que vai a haber o venres 16 de decembros xunto cunha corrección de erros da última RPT aprobada que ten que ver con pluses.

· Na Consellería do Mar manifestamos que non tiñamos nada que decir ao respecto da creación da plaza por sentencia pero que non estabamos de acordo coa amortización da praza. O voto foi EN CONTRA.

En CCOO cada día somos máis. Dende o 2009 xa nos visitaron:

contador de visitas