Ante a recente información da existencia dunha suposta instrución, emitida pola Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, dirixida ás direccións dos distintos centros dependentes desta Consellería, co suposto fin de homoxeneizar e a suposta pretensión de ter un único criterio para o persoal que traballa a quendas, dende CCOO queremos recordarlle á Secretaria Xeral que calquera instrución que afecte ás condicións de laborais dos traballadores/as debe ser negociada e tamén posta en coñecemento dos seus representantes sindicais antes da súa suposta difusión e/ou aplicación unilateral.