6/12/18

XUNTANZA MESA XERAL 4/12/2018

O martes 4 de decembro, tivo lugar a xuntanza da mesa xeral de empregados públicos, onde se trataron os seguintes púntos:

1.- OPE prazas persoal dependente da Dirección Xeral da Función Pública.

Para CCOO a proposta presentada pola Adminitración adoece das seguintes cuestións:

- Non contextualiza esta OPE como unha consecuencia directa dos acordos de estabilización de emprego asinados a nivel estatal (1º e 2º acordo asinados repectivamente en marzo de 2017 e marzo de 2018).

- Non recolle a cantidade de prazas a estabilizar, nin o reparto das mesmas nas tres convocatorias que marcan os acordos de estabilización de emprego.

- Non recolle a totalidade das sentencias de indefindos non fixos, ben porque non están incorporadas as RPT ou por erros nos datos facilitados polas Consellerías.

- Non se establece o calendario, nin procedemento asi como as garantías de mantemento de dereitos económicos para o persoal que opte pola funcionarización.

- Non resulta aceptable que só se convoquen 150 prazas de promoción interna, tendo en conta que estas non restan da taxa de reposición, gracias aos acordos estatais. 

5/12/18

SEGUNDA ACTIVIDADE SPDCIF 2019

O xoves 29 de novembro CCOO e UGT vimos de manter unha xuntanza coa Consellería de Medio Rural e a Dirección Xeral de Función Pública de cara a activar a Segunda activade no ámbito do SPDCIF para xaneiro de 2019.

Recordar que todos os traballadores e traballadoras que accedan á segunda actividade ben pola vía de acceso de vacantes ou para realizar funcións preventivas e loxísticas manterán o 100% das súas retribucións da praza de orixe, excepto as gardas localizables e a nocturnidade porque non a van realizar. Así mesmo a súa xornada será en horario de mañá de luns a venres e quendas de mañá ou tarde na época estival durante os meses de xullo, agosto e setembro, para aqueles traballadores que accedan a funcións.


4/12/18

TRIBUNA NOVEMBRO-DECEMBRO

No Tribuna de novembro-decembro de 2018 anunciamos o comenzo dos procesos electoriais, empezamos polo persoal laboral dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia:

É O MOMENTO
DE RECUPERAR OS DEREITOS ARREBATADOS

Páx 2) Éxito de participación na manifestación do perso-al laboral do día 30 de novembro
A nosa historia.

Páx 3) Últimas novas: Parque Tecnolóxico de Galicia; Portos de Galicia; Lei de Emprego Público de Galicia; Decreto Mobilidade Persoal Funcinario; Capítulo I Lei Orzamentos; Modificación Decreto Listas; Eleccións Sindicais Persoal Laboral; Centro Galego de Arte Contemporáneo; Promoción Interna subgrupo C1; Funcionarización. Protocolo e Regulamento do Comité de Intervención de Acoso Moral.

Páx. 4) Sentenzas de interés.
TARXETA VERMELLA.- Para os responsables do Edificio Administrativo de San Lázaro.

28/11/18

A PROPOSTA DE OPE NON REDUCE SUFICIENTEMENTE A TEMPORALIDADE NIN FACILITA A PROMOCIÓN INTERNA

CCOO CONSIDERA QUE ESTA OPE ESTA INCLUMPLINDO O ACORDO ESTATAL


A Administración ven de remitir, o día 26 de novembro, a proposta de decreto de Oferta Pública de Empreo as organizacións sindicais, dando de prazo de alegacións ata o 29 de novembro.

Nunha primeira lectura CCOO rexeita esta proposta:

a) Porque un ano mais a administración converte a negociación da oferta de emprego público nun mero tramite.

b) Porque este ano en particular esta proposta está a incumprir o II Acordo de emprego, asinado por CCOO, UGT e CSIF o 9 de marzo en Madrid, pois ainda non foi capaz de negociar a súa trasposición a Galicia.

c) Poque sendo grave como se plantea, o mais grave é o que lle falta por explicar.

23/11/18

XUNTANZA INSPECCIÓN DE TRABALLO SPDICF

Desde CCOO, informamos que os delegados de prevención asistimos á citación da Inspección de Traballo en A Coruña, onde se constatan novamente os incumprimentos en materia preventiva por parte da Consellería do Medio Rural no SPDCIF.

A Avaliación de Riscos e Plan de Acción para corrección das medidas foi rematada en 2014 e case rematando o 2018 seguen sen acometerse as accións que salvagarden a seguridade e saúde do persoal do SPDCIF que afectan a Técnicos, Axentes, Bombeiros Forestais e resto do persoal que teña os riscos laborais que se indican na nota informativa.

Ler máis ...


21/11/18

CURSO FORMATIVO PARA A PROMOCIÓN INTERNA DO PERSOAL FUNCIONARIO DOS CORPOS XERAIS

Dende a Escola Galega de Administración Pública informáronnos que este venres 23 de novembro teñen previsto publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dun curso dirxido ao persoal inscrito nos procesos de promoción interna dos corpos xerais de persoal funcionario.

A este curso só se poderán inscribir aquelas persoas admitidas nos procesos de promoción interna de persoal funcionario convocados neste ano.

O curso será unha axuda para os aspirantes das promocións internas, e que en ningún caso terá vinculación algunha cos tribunais. 

Neste curso haberá a posibilidade de realizar test e estará dispoñible a lexislación actualizada. Tamén contarán cun titor para consultas durante tres meses.

Esta novidade ven dada tras solicitar CCOO que este organismo tivera unha maior participación na formación do persoal da Xunta na promocións internas. De feito, no último Consello Rector da EGAP insistimos neste asunto e nesa ocasión os propios representantes da Administración quedaron en valorala e como podemos comprobar deuse un paso positivo na formación dos empregados públicos na súa promoción profesional.

20/11/18

XUNTANZA COMISIÓN DE PERSOAL DO 19-11-2018

Na xuntanza da Comisión de Persoal que tivo lugar o 19 de novembro de 2018 tratáronse os seguintes puntos na orde do día:

1) Modificación da RPT da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, AAPP e Xustiza.- Nesta RPT prodúcese un uso abusivo do sistema de libre designación para a provisión de determinados postos de traballo; e non só polo elevado número de postos afectados, senón tamén polas peregrinas “escusas” que se esgrimen para a súa xustificación.

2) Lei da Administración Dixital de Galicia.- Compartimos a necesidade de poñer en marcha esta norma xa que o uso e a introdución das tecnoloxías da información e da comunicación tanto na sociedade como no emprego público e na súa relación cos cidadáns é algo urxente e necesario.

3) Proposta de Acordo e de Orde dos Axentes Forestais e Medioambientais.- Como non podía ser doutro xeito, ratificamos o acordo asinado no seu momento e solicitamos que se axilicen os trámites necesarios para que se comecen a desenvolver o antes posible as súas cláusulas: regulamento, uniformidade, condicións do persoal do Parque Natural das Illas Atlánticas, etc.

4) Rogos e preguntas: Plan de garantía xuvenil; concursos de traslados e adaptacións á LOFAXGA e posible integración de persoal dos Entes Instrumentais.

16/11/18

ALEGACIÓNS CCOO PROPOSTA XUNTA MODIFICACIÓN DECRETO LISTAS 37/2006 SPDCIF

Dende CCOO levamos anos insistindo na necesidade de modificar un decreto de listas de contratación que consideramos obsoleto e ao cal esta central sindical, xa presentou alegacións no ano 2011, esquecidas por Facenda, como outras, no caixón sen fondo.

- En canto a puntuación do tempo de traballo en SEAGA (entidades instrumentais autonómicas) CCOO propón que se puntúen os servizos prestados en tarefas de extinción de incendios forestais en período de máximo risco (do mesmo xeito que Concellos e/ou mancomunidades de montes) a razón de 0,25 puntos mes, ata un máximo de 20 puntos.

- Propoñemos, que se engada a puntuación dos servizos prestados noutras categorías do SPDCIF a razón de 0,15 puntos mes ata un máximo de 25 puntos.

- E, que aqueles postos con xornada inferior a ordinaria de natureza fixa descontinua e con período de actividade igual ou inferior a seis meses, que non están dispoñibles para chamamento na orde non vacante se lle oferten por mellora de emprego aquelas prazas que melloren a súa situación laboral, aínda que estas sexan non vacantes. (Deste xeito solucionaríamos a problemática da raia na orde non vacante motivo que imposibilita o acceso a outras prazas non vacantes).

- Engadir como causa de forza maior que non serán penalizadas as persoas que estean desempeñando outro posto na administración pública galega, para o que deberan enviar unha copia do dito contrato polo medio máis áxil posible para evitar a penalización.

6/11/18

FESP-UGT E CCOO SOLICITAN A APERTURA DUNHA MESA DE NEGOCIACIÓN SOBRE XORNADAS ESPECIAIS DO PERSOAL QUE TRABALLA A QUENDAS.

FESP-UGT E CCOO PRESENTAN UN ESCRITO CONXUNTO, Á DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA SOLICITANDO A INMEDIATA APERTURA DUNHA MESA DE NEGOCIACIÓN SOBRE AS XORNADAS ESPECIAIS DO PERSOAL QUE TRABALLA A QUENDAS


CCOO e UGT, considerando a capacidade que outorga o artigo 105 da Lei de Emprego Público de Galicia que ao respecto da xornada de traballo, que di que cada administración pública determinará a xornada ordinaria e as especiais de traballo do persoal, logo de negociación coa representación do persoal.

Atendendo ao II Acordo para a mellora do emprego público e de condicións de traballo, asinado en Madrid, por CCOO e FeSP-UGT, o pasado 9 de marzo, no que se establece que en materia de xornada de traballo e de conciliación do persoal, cada Administración Pública, previa negociación colectiva, poderá establecer nos seus calendarios laborais un reparto anual da xornada en atención ás particularidades de cada función, tarefa e ámbito sectorial, atendendo en especial ao tipo de xornada ou ás xornadas a quenda, nocturnas ou especialmente penosas.


5/11/18

A Consellaría do Medio Rural envía ao paro a máis de mil traballadores e traballadoras do SPDCIF

Os sindicatos apostamos por un servizo de prevención e extinción de incendios 100% público, que elimine a actual fragmentación do dispositivo


CIG, CCOO, CSIF e UGT convocamos unha concentración de bombeiros forestais da Xunta o vindeiro 30 de novembro


CIG, CCOO, CSIF e UGT denunciamos que nos próximos días a Consellaría do Medio Rural ten previsto comezar o desmantelamento do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Xunta de Galicia. Deste xeito, irán á rúa 436 empregados e empregadas públicas, con contratos precarios fixodescontinuosB que remataron o seu período de actividade o pasado 31 de outubro, mentres que o 30 de novembro a medida afectará a outros 610.

O desmantelamento acometido pola Consellaría que dirixe José González Vázquez implica unha redución de máis do 50% dos efectivos dispoñibles na prevención e extinción de incendios forestais. En concreto, más de mil bombeiros forestais, vixilantes, emisoristas e operadores irán ao paro entre o 31 de outubro e o 30 de novembro.





30/10/18

XUNTANZA DXFP - SINDICATOS

CCOO ESIXIU UN ACORDO RETRIBUTIVO PROPIO PARA O PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL


O venres 26 de outubro tivo lugar unha xuntanza entre a Dirección Xeral da Función Pública e as organización sindicais, para tratar os seguintes temas:

1.- Capitulo I e lei de medidas fiscais. De momento a admiración non asumiu ningunha proposta de CCOO que afecta as modificacións da lei do emprego público de Galicia, mais alo da incorporación do acordado en Madrid, sobre salarios e IT.

2.- Decreto de provisión de postos (mobilidade). Sobre este tema a administración non recolleu ningunha alegación.

3.- Modificación decreto de listas. Presentaron unha proposta que non recolle ningunha das cuestións fundamentais que temos presentado en anteriores documentos.

4.- Carreira profesional. Sen avances respecto a proposta que presentaron o 8 de agosto, onde se sigue excluindo ao persoal laboral, se establecen prazos moi longos (ata o ano 2027) polo que a carreira só lle afectaría a unhos poucos, pois deixan fora aos que acaban de entrar, deixan fora aos que están a poucos anos de xubilarse e as cantidades non son homoxeneas entre os distintos grupos, polo que incrementan ainda mais a diferenzas.

5.- Proceso de Funcionarización. Entregaron un documento listado de encadramento das categorías do persoal laboral nas distintas escalas, que a simple vista xa se aprecia que ten algún erro.

Ler máis ...

29/10/18

SENTENZA AUMENTO TEMPO DE TRABALLO ÉPOCA DE MÁXIMO RISCO

CCOO continúa apostando polo aumento do tempo de traballo de todo o persoal fixo descontinuo do SPDCIF


CCOO gañaba nesta pasada primavera unha sentenza pola época de máximo risco do ano 2017 nos Xulgados do Social de Lugo, no que lle recoñece ao persoal o dereito a ser chamado durante o período extraordinario e a terlle en conta ese mes tanto con efectos económicos como de cotización á Seguridade Social (SS) e de puntuación nas listas de contratación do decreto 37/2006.

Esta semana, CCOO volve a gañar nos xulgados o que a Administración se nega a dar na mesa de negociación e no mesmo senso que a de 2017, recoñecéndolle o dereito a unha traballadora a ser contratada do 1 ata o 15 de outubro de 2016 (data que se decretou o período de máximo risco dese ano), e a percibir todas as cantidades económicas e de dereitos de cotización na SS e de lista, dese período.

CCOO volve a reclamar sentido común ás Consellerías implicadas (Medio Rural e Facenda) para que retomen a negociación e avanzar na profesionalización do SPDCIF con unha planificación anual e non poñendo parches temporais que non solucionan ningún dos problemas do SPDCIF.

Dende CCOO animamos a tódolos traballadores a participar na CONCENTRACIÓN DO DÍA 31 de OUTUBRO:

- Problemática do persoal fixo descontinuo SPDCIF de 3 e 9 meses.
- Pola eliminación das elevadas taxas de temporalidade do colectivo (65% da plantilla).
- Por un servizo 100% único e público de prevención e extinción de incendios.
- E pola recuperación de todos os dereitos laborais suspendidos

24/10/18

TRIBUNA OUTUBRO 2018

Nestas datas a Administración está a negociar ás presas o Capítulo I dos Orzamentos da Comunidade Autónoma (Gastos de Persoal) así como as modificacións que pretenden introducir la Lei do Emprego Público de Galicia a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos.

Da análise da documentación presentada, pódese chegar ás seguintes conclusións:

Algunha das melloras establecidas no II Acordo Goberno – Sindicatos asinado en Madrid por CCOO, UGT e CSIF, serán introducidas no ámbito da Administración da Xunta de Galicia. Así, o incremento salarial do 2,25% (+0,25% a partir de xullo) ou a recuperación do 100% do salario en caso de incapacidade laboral transitoria desde o primeiro día.

Continua este artigo na portada do noso Tribuna do mes de outubro que te o seguinte sumario:

Páx. 1) Orzamentos 2019, Lei de Acompañamento e Carreira Profesional na Xunta de Galicia.

Páx. 2) CCOO rexeita a modificación das condicións de traballo imposta por Medio Rural ao persoal
fixo descontinuo.

O persoal laboral da Xunta de Galicia di BASTA: O 30 DE NOVEMBRO MOBILIZACIÓN.

Páx. 3) Últimas novas: Avaliació de riscos na sede de GAIN en Conxo (Santiago de Compostela); RPT Consellería do Medio Rural; Decreto Listas Contratación; RPT da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, AAPP e Xustiza; Avaliación de riscos laborais no Salón Teatro (Instalación pertencente a AGADIC); Acordo condicións de traballo dos Axentes Forestais e Medioambientais; Regulamento de Mobilidade voluntaria do pesoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das Entidades Públicas Instrumentais; RPT Axencia Turismo de Galicia; RPT Órganos Superiores da Presidencia e Anteproxecto Lei de Administración Dixital de Galicia.

Páx. 4) Últimas novas: Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais; Modificación da Lei de Emprego Público de Galicia e asinado o Acordo dos Axentes Facultativos Medioambientais.

A Nosa Historia.

23/10/18

XUNTANZA PREVIA MODIFICACIÓN RPT ÓRGANOS SUPERIORES DA PRESIDENCIA

O 19 de outubro de 2018 celebrouse unha reunión previa para tratar a modificación desta relación de postos de traballo. A proposta que nos traslada a administración consiste basicamente en:

  • Amortización de prazas. Alegan que teñen problemas para cubrilas por ser postos base y consideran que deben eliminalas para crear postos de niveis.
  • Áreas funcionais. Actualiza a RPT ás novas áreas funcionais aínda que recoñecen que faltarían áreas para determinados postos, como unha posible área de subvención ou de axudas).
  • Outras modificacións: modificacións de postos de persoal laboral, modificación do sistema de provisión de postos de LD a concurso específico.

Dende CCOO manifestamos o seguinte:

Se as prazas de postos base non se cobren será porque non se ofrecen ao persoal das listas nin se ofertan en procesos selectivos, polo que non estamos de acordo coa xustificación de amortización de postos.

Consideramos que existen demasiados postos abertos a outras administracións públicas, non temos coñecemento de ningún acordo de reciprocidade con ningunha outra Administración. Curiosamente a maioría de postos abertos adoita ser de niveis 30 e 28, polo que dá a sensación de que para a Xunta de Galicia o persoal dos subgrupo A1 e A2 non ten a cualificación e a profesionalidade suficiente para ocupara moitos destes postos.